O entroido chegará a Poio o día 26 cun mes de festexos

POIO> Esta mañá presentouse o Entroido do concello de Poio. Unha festa que  comezará o 26 de febreiro e prolongarase ata o 25 de marzo. Moitas actividades terán lugar neses 30 días. Entre elas, cabe destacar, o desfile principal que terá lugar o día 26, e tamén,  o enterro do mexillón, do berberecho, do Galo Buxo e o do Galo Fodorico, este último, será o encargado de pechar este mes de troula no municipio. 

 

O entroido aterra por todo o alto no concello de POIO. O día 26 de febreiro comezará esta festa que se prolongará case un mes, ata o 25 de marzo. O día 26 comezará a troula co desfile central que este ano ademais de premios nas modalidades individuais, parellas e grupos tamén os haberá para as comparsas. 

Os interesados en inscribirse neste desfile poderán facelo nas oficinas municipais dende hoxe e ata o 23 de febreiro. Un Entroido que contará con numerosas actividades e cun orzamento de 23 de mil euros. Entre as decenas de eventos caben destacar os 4 enterros, o do Mexilón, o Berberecho, o Galo Bruxo ou o Galo Fodorico que pechará este mes de festa o sábado 25 de marzo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/entroido_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/entroido_poio.mp4{/flowplayer}