BARRO> Podemos Galicia reclamará no congreso dos deputados que a Sareb colabore coa veciñanza de Barro para evitar os desafiuzamentos. Dende a formación morada consideran que a Sareb non está cumprindo coa súa misión pública. A veciñanza afectada agradece que a súa problemática póñase de manifesto no congreso dos deputados.
Podemos Galicia mostra o seu apoio á veciñanza de Barro afectada por dúas ordes de desafiuzamento. A formación rexistrou dúas preguntas no congreso dos deputados para que a problemática chegue ao debate nacional.
Dende Unidas Podemos reuníronse este xoves coa veciñanza, a súa intención é que co apio do congreso a Sareb negocie xustamente e cumpra coa súa misión pública.
Para a veciñanza afectada, chegar ao congreso dos deputados é unha oportunidade de que a súa problemática teña visibilidade a nivel nacional.
A veciñanza de Barro continuará coas súas mobilización mentres a Sareb non lles venda os seus pisos. De feito viaxarán a Madrid para protestar no propio congreso dos deputados.