Fernández Lores: ‘Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o cambalache do PP con ENCE’

PONTEVEDRA> Precisamente a Xunta de Galicia e a propia ENCE son, segundo o alcalde de Pontevedra, os responsables de poñer en perigo os postos de traballo da factoría. Para Miguel Anxo Fernández Lores a sentenza é contundente e agarda que faga recapacitar á empresa para que se busquen alternativas para o traslado.

A anulación da prórroga da concesión de ENCE en Lourizán é motivo de satisfacción no concello de Pontevedra. Para o alcalde, a sentenza é contundente e remata co que cualificou como un fraude de lei.

Agora o rexedor agarda que a sentenza da Audiencia Nacional faga recapacitar á dirección da factoría na busca dunha alternativa viable para o traslado.

Para Fernández Lores, a decisión do goberno de Mariano Rajoy de conceder unha prórroga á pasteira ata o 2073 foi froito dun ‘cambalache político’ entre a empresa e o Partido Popular. Por iso lamentou o tempo perdido na procura do traslado.

En canto aos traballadores da factoría que o sinalan como culpable da sentenza, o alcalde recordou que o concello non ten competencia en política industrial e ordenación do territorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí