O PP denuncia unha modificicación de crédito de 14 millóns no orzamento da Deputación

Pontevedra> Dende as filas do PP provincial criticaron esta mañá a modificación de crédito de 14 millóns de euros que realizaron dende o goberno da Deputación. O populares din que 10 deses 14 millóns están sen xustificar o seu destino e por iso aseguran que se trata de cartos de libre disposición. Unha medida que o bipartito criticou duramente e que agora, din, levan a cabo para beneficio dos seus partidos. Dende o PP provincial criticaron duramente a modificación de crédito no orzamento deste ano de 14 millóns de euros que realizaron dende o Goberno da Deputación. Os populares non entenden por qué no mes de febreiro se realiza xa unha modificación de crédito e tampouco por qué 10 deses 14 millóns están sen xustificar o seu destino. Nidia Arévalo considera que se trata de cartos de libre disposición, unha medida que criticaron en numerosas ocasión dende o bipartito. Dende o PP aseguran que esa modificación deses 14 millóns de euros xa pasou por comisión, dos cales 7 van destinados a concellos, pero dende o PP din que o Goberno non quixo dicir a cales, 2,5 a estradas pero que tampouco saben a qué estradas van a ir. Por iso as preguntas que lanzan dende o PP provincial ao goberno da Deputación son claras Con todos estes datos sobre a mesa o PP agarda que o Goberno presidido por Carmela Silva de resposta sobre o fin e destino deses 10 millóns de euros do orzamento da deputación para este 2017. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/pp_orzamento_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/pp_orzamento.mp4{/flowplayer}