Pontevedra> Pola súa banda a presidenta da Deputación non tardou en dar resposta ante estas críticas. Carmela Silva di que o PP volveu a enganar a cidadanía xa que esa modificación de crédito de orzamento está totalmente xustificada. 7 millóns son para os concellos de Vigo e Pontevedra e 3,5 destinados a melloras nas estradas de toda a provincia. A presidenta amosouse sorprendida esta mañá. Camela Silva non entende o porqué das críticas do PP cando saben a ciencia certa a onde van a ir destinados cada euros deses 14 millóns. A presidenta dixo que 600 mil euros irán a parar aos 61 concellos da provincia para a mellora dos montes, 800 mil para o Museo de Pontevedra, 185 mil para Cerdedo e Cotobade, 120 mil para axudas do programa ERASMUS da Universidade de Vigo, 150 mil para as obras de mellora do edificio da Garda Civil en Cambados, 2.5 millóns para melloras as estradas provinciais e 7 millóns para os concellos de Vigo e Pontevedra. Carmela Silva di que o PP puido preguntar en Comisión calquera dúbida sobre o destino destes cartos, pero asegurou que o que non vai a permitir é que se fale de libre disposición cando o fin deses 14 millóns está máis que establecido e explicado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/silva_orzamento_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/silva_orzamento.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA