A Canceira de Poio interrompe os seus servizos pola falta de recursos

POIO> A falta de recursos e de persoal obriga á Canceira de Poio a interromper as súas tarefas de asistencia a cans e gatos. A directiva desta asociación pide ao Concello que aumente as súas subvencións anuais para poder facer fronte as súas necesidades. Unha petición que foi respondida esta mañá polo concelleiro nacionalista,  Xosé Luis Martínez.

Tras 8 anos traballando incansablemente, a Canceira de Poio vese obrigada a interromper as súas tarefas de asistencia a cans e gatos. O motivo, a falta de recursos. A directiva desta asociación leva meses pedindo ao goberno municipal un aumento na súa subvención anual. Sen embargo, ante a falta de solucións por parte do Concello, a canceira vese obrigada a pechar as súas portas a máis animais.

A directiva da Asociación de amigos da Canceira de Poio asegura que nos últimos meses aumentou a recollida de cans, o que lles obriga a xerar dous postos de traballo. Algo que é imposible se se ten en conta que a única persoa que traballa nesa canceira actualmente leva dende setembro sen cobrar.

A canceira pide ao Concello que lles aumente o importe da subvención anual para poder continuar coa súa actividade no que queda de ano e contratar a unha segunda persoa no 2020. Unha petición que xa foi respondida polo goberno municipal.

Dende o Concello de Poio deixan claro que farán todo o posible para poder axudar a esta asociación. Ademais, o goberno local nega que se vaia a privatizar o servizo. Pola súa banda, a canceira pon o foco no vindeiro 26 de novembro. Data na que se celebrará o pleno municipal e na que eles estarán presentes para seguir loitando polo seu futuro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí