O cambio de frecuentas da TDT afectará a 56 municipios da provincia

PONTEVEDRA> 56 municipios da provincia veranse afectados polo cambio de frecuencias da TDT. Unha medida que entrou en funcionamento o 20 de xaneiro e que obrigará a case un millón de persoas  a adaptar as antenas e resintonizar os receptores. O axuste non implicará a desaparición de canais de televisión.

56 Concellos da provincia deberán adaptarse ao cambio de frecuencias da TDT antes do 30 de xuño. Este axuste prodúcese polo coñecido como Segundo Dividendo Dixital. O cal, permitirá o despregamento de redes 5G. Esta medida non suporá a perda de canais de televisión, nin a obsolescencia de televisores e descodificadores.

Na provincia, o cambio de frecuencias da TDT xa entrou en funcionamento o pasado 20 de xaneiro e a el deberán adaptarse case un millón de persoas. En Galicia, as canles afectadas serán as de TVE e a da TVG. Para tratar de reducir o impacto que esta medida terá na cidadanía, realizaranse emisións simultáneas.

Para adaptarse ao novo sistema, os que residan en vivendas unifamiliares soamente deberán resintonizar os receptores ao final do proceso. No caso dos edificios comunitarios, estes deberán ademais adaptar as antenas colectivas. Un proceso para o que se recomenda solicitar varios orzamentos e contactar canto antes cunha empresa instaladora rexistrada.

Co obxectivo de minimizar o impacto deste proceso, o Consello de Ministros aprobou a concesión directa de subvencións ás comunidades de propietarios afectadas. A contía das axudas irá dende os 104 euros ata os 677. Todas as dúbidas resolveranse a través destes dous números de teléfono ou na web www.televisiondigital.es

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí