A ciberdelincuencia aproveita a pandemia e sobre un 20% neste 2021

PONTEVEDRA> A covid19 e as restricións sanitarias impulsaron o uso da internet na nosa vida diaria. E este crecemento da vida dixital está a verse acompañado dun importante incremento da ciberdelincuencia. Segundo alertan dende o Sindicato Unificado de Policía, estes delitos medraron ata un 20% no que levamos de 2021. Só na provincia de Pontevedra puxéronse 2.200 denuncias. Por iso a policía reclama máis medios para afrontar esta realidade.

2.200 das denuncias interpostas nas comisarías da Policía Nacional da provincia de Pontevedra foron por delitos relacionados coa internet.

Coa pandemia, as restricións na mobilidade, o teletraballo e a maior presenza da rede nas nosas vidas forman un caldo de cultivo perfecto para a ciberdelincuencia. Principalmente do ‘phishing’, estafa pola que se suplanta unha identidade para conseguir datos da vítima.

Tamén está a ser frecuente o secuestro da aplicación de mensaxería máis popular: o Whatsapp.

Para frear este avance da ciberdelincuencia, dende o sindicato reclaman máis medios e un marco legal máis áxil.

A formación do persoal tamén é fundamental. Por iso SUP Galicia colabora con Ara Formación na organización dun curso avalado pola Academia Galega de Seguridade Pública nesta materia. Comezará o 14 de xuño, será telemático e contará con docentes expertos en diferentes campos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí