O vial perimetral do Gran Montecelo adiantarase por non precisar tramitación ambiental

PONTEVEDRA> A construción do vial perimetral para o Gran Montecelo adiantarase entre 8 meses e un ano. A Xunta informou ao concello de Pontevedra que non precisa de tramitación de impacto ambiental, o que axiliza todos os trámites. As obas correrán a cargo das arcas municipais, e roldarán o millón 400 mil euros de custo.

Os prazos para a construción do vial perimetral do Gran Montecelo serán máis curtos do previsto. A Xunta informou hoxe ao concello de Pontevedra que a actuación non precisa de tramitación ambiental.

Segundo o convenio asinado co Sergas, o concello de Pontevedra é o encargado da construción deste vial de 830 metros. Terá un custo de case 1,4 millóns de euros, que serán financiados a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra.

A estrada unirá a rúa Ángel Limeses coa contorna do pavillón do Príncipe Felipe. Terá dous carrís, un para cada sentido, catro rotondas e contará con medidas de acougado de tráfico. As obras comezarán cando a Xunta remate coas expropiacións.

Coa construción deste vial, o concello cumpre co acordado da Xunta de Galicia. E é que as obras para a nova subministración de auga do Gran Montecelo, tamén a cargo da administración loca, xa están rematadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí