
PONTEVEDRA> A primeira fin de semana de setembro está marcada en vermello no calendario dos pontevedreses. Un ano máis e durante dous días, a Feira Franca devolverá á cidade ao século XV con todo seu esplendor medieval. Espectáculos, música e gastronomía enchen un programa que nesta edición trae algunha que outra novidade.
Esta fin de semana en Pontevedra abrirase unha paréntese temporal. O venres e o sábado, a cidade volverá estar inmersa no ano 1467, en plena Idade Media. A vila xa ten todo listo para unha nova edición da Feira Franca.
Tamén están listos os operativos de seguridade e limpeza. Silva apuntou que serán semellantes aos de edicións anteriores, aínda que se reforzará a recollida de lixo.
Música, danza, espectáculos e gastronomía volven encher o programa que nesta edición terá algún cambio. Entre eles, o espectáculo inaugural, que se celebrará ás 10 e media da noite na praza de A Ferrería.
Haberá cambios na recreación do transporte do viño, que se celebra o mediodía do sábado e que este ano incluirá unha voda medieval, e no torneo que acolle a praza de touros. Este ano, muda o espectáculo e a compañía encargada, que pasa a ser galega.
O que non cambia é o éxito da festa.
Sendo consciente da importante afluencia de xente que chegará a Pontevedra esta fin de semana, Carme da Silva fixo un chamamento a os asistentes para que respecten as normas de seguridade e poder gozar dunha das festas máis populares de Galicia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/ptac_feira_franca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/ptac_feira_franca.mp4{/flowplayer}











