![]()
VILAGARCÍA> Denuncian que eses cartos públicos van ir destinados a intereses privados especulativos. Fernando Ramos asegurou que as medidas buscan prexudicar ós traballadores e ós dereitos sociais.
{flowplayer}images/salnes/CCOO.flv{/flowplayer}
Dende Comisións Obreiras afirman que as medidas que está a tomar o goberno central son ilegais, que un goberno, unilateralmente, non pode decidir se se conxelan ou non as pensión. Aseguran que deben ser as forzas que firmaron o Pacto de Toledo as que decidan se se debe facer un esforzo.
Fernando Ramos sinalou que se nalgún momento se pide un sacrificio ós pensionistas, eses cartos deben dirixirse a políticas sociais. Denuncia que, ese diñeiro público vai destinado a apoiar os intereses privados especulativos.
Ramos afirma que o presidente do goberno, con estas medidas, busca acelerar as reformas de tipo legal para que os traballadores non se poidan defender ante esas inxustizas.
Dende a agrupación comarcal de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras, sinalan que están desmoralizados xa que as pensión xa son de por si pequenas e non poden facer fronte ó día a día.
O sindicato afirman que actitude de Zapatero é de submisión á Unión Europea, e que o PP só busca sacar rédito político da situación, cando dende sempre solicitaron a conxelación das pensións.
Fernando Ramos sinalou que o único muro que queda para conter as medidas do goberno son os sindicatos, que sairán á rúa para dicir ata aquí chegamos.
Redacción Salnés






