Vilagarcía presenta o borrador dos orzamentos para o 2017

    VILAGARCÍA> Xa coñecemos polo miúdo os orzamentos que o goberno de Vilagarcía levará ao pleno da vindeira semana. No borrador, o executivo de Alberto Varela distribúe 27 millóns de euros de xeito realista e equilibrado, segundo o propio rexedor. O documento integra, ademais, varias propostas do BNG, pero Varela confía en conseguir o apoio das outras forzas de esquerda da corporación. Algo máis de 27 millóns de euros é a contía que o goberno de Vilagarcía distribúe na súa proposta para as contas do 2017. Un orzamento que, aseguran, reflexa un proxecto máis ambicioso para a vila. Os orzamentos increméntanse máis dun 2’5% respecto dos do ano anterior. As contas inclúen, ademais, os cinco millóns de euros que Vilagarcía recibirá grazas á concesión dos Fondos Feder. Esta contía aumenta a partida destinada a investimentos, que se completa cos preto de 380 mil euros de fondos propios e as achegas da Deputación de Pontevedra. A redución do IBI, o incremento nun 100% da partida destinada ás becas ou aumentar as axudas ao transporte, son outras das medidas que recolle o borrador. Este argumento é polo que, segundo Varela, a súa proposta debería contar co apoio das forzas de esquerda da corporación. Esta mañá presentaron o borrador á oposición. O Partido Popular tildou a reunión de decepcionante e previsible, acusou ao goberno de silenciar á oposición e cualificou o documento de impermeable ás achegas das outras formacións, coa excepción do BNG. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/orzamentos_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/orzamentos_villa.mp4{/flowplayer}