O Centro de Día Municipal de Sanxenxo un referente a nivel autonómico

SANXENXO> Este luns achegámonos ata o Centro de Día de Sanxenxo onde o alcalde e a edil de Servizos Sociais visitaron a instalación municipal que acaba de ser obxectivo dunha importante mellora tanto exterior como interior. O concello de Sanxenxo destina cada ano 1,5 millóns de euros a área de Servizos Sociais.

O único Centro de Día municipal de toda a comunidade atópase en Baltar, no concello de Sanxenxo. Alí visitamos a instalación na que recentemente se fixeron reformas por valor de 152.000 euros, coas que mellorar a calidade dos servizos prestados nos seus case 900 metros cadrados.

Telmo Martín afirmou na visita a este centro que o concello destina 1,5 millóns de euros aos Servizos Sociais.

A instalación, que ten capacidade para uns 80 usuarios, é utilizada na actualidade por unhas 67 persoas que acoden diariamente. Sinalar que o custe de este servizo municipal é de 190 euros de media, aínda que todo depende da renda da unidade familiar do usuario. En todo caso se queren asistir a mesma deben poñerse en contacto cos Servizos Sociais do concello ou coa dirección do centro.

Pintalas paredes, recubrir todo o exterior do edificio para illalo das condicións exteriores, cambio do chan para evitar caídas, protectores nas esquinas, instalación de dúas pérgolas, melloras no xardín ou un novo vehículo… todo para mellorar a habitabilidade do centro que cada día utilizan algúns dos veciños máis lonxevos de Sanxenxo e arredores.