CAMBADOS> Cambados comeza as escavacións na praza de Fefiñáns para pescudar se seguen estando presentes as antigas escaleiras de acceso á igrexa de San Bieito. O obxectivo do concello é restaurar as escaleiras e recuperar o antigo acceso á igrexa para completar a peonalización de Fefiñáns. Os achados que se atopen marcaran a continuidade do proxecto.
O concello de Cambados puxo en marcha este luns o proxecto de recuperación das antigas escaleiras de acceso á igrexa de San Bieito, na praza de Fefiñáns. O proxecto era unha vella demanda do equipo de goberno que tras adquirir os permisos necesarios comezou este luns a levarse a cabo.
O obxectivo do proxecto é pescudar se as escaleiras continúan no lugar. No caso de que estean, restauraranse e se devolverá o muro ao seu lugar orixinal.
O proxecto está financiado polo plan concellos da deputación de Pontevedra. Os traballadores comezarán realizando unha cata de 2 metros de longo e 3 de ancho para comprobar se as escaleiras continúan na zona.
A previsión é que as obras duren dúas semanas, aínda que os achados marcarán a continuidade do proxecto.
Dende o concello matizan que os traballos buscan son para restaurar as antigas escaleiras da igrexa devolvéndoas ao seu estado orixinal, no caso de que non estean no lugar, non sen construirán unhas novas.