Pontevedra> Dende o PSOE provincial denunciaron a precaria situación na que se atopa o servizo de patrimonio en Pontevedra. Un feito, que segundo, Santos Hector, pon en evidencia que á Xunta non lle interesa a nosa provincia. Por iso, presentarán unha moción nos concellos pontevedreses, co fin de instar ao Goberno Galego a que se cree un protocolo de actuación que garanta o servizo de patrimonio. Dende o PSOE provincial denunciaron esta mañá a precaria situación na que se atopa o servizo de Patrimonio de Pontevedra. Un servizo que conta soamente con tres arquitectos, os mesmos que en Ourense, a diferencia, din, é que Pontevedra triplica en poboación esta outra provincia galega. Dende o PSOE non entenden o tempo que teñen que agardar os veciños para obter calquera permiso ou certificado. Por iso cren que o PP incrumpre coas súas obrigas administrativas na provincia de Pontevedra. Debido a esta situación van a presentar unha moción nos plenos dos concellos provinciais na que instan á Xunta á creación dun protocolo de actuación que garanta o servizo de Patrimonio. Dende o PSOE non entenden como un veciño ten que agardar 2 anos para a limpeza dun Hórreo ou agardar un ano á resposta negativa para a ampliación dunha vivenda. Os socialistas cren que se deben axilizar os tempos, dixitalizar os formatos e ampliar o servizo de Patrimonio na provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/psoe_patrimonio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/psoe_patrimonio.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA