POIO> Este domingo 8 de marzo o concello de Poio acollerá a I Pedalada solidaria contra contra o cancro infantil. Trátase dunha actividade organizada polo Bike Club e que ten como fin axudar a asociación de nenos oncolóxicos de Galicia. O evento tratará de completar 1300 quilómetros ao longo da mañá, un por cada neno que ten cancro a día de hoxe no noso país. Este domingo 5 de marzo o concello de Poio pedaleara contra o cancro infantil. Unha cita organizada polo Bike Club do concello de Poio e que xa ten pechados os seus 200 inscritos. Pese a que a inscrición este pechada dende o concello e o club de ciclismo convidan a todo o mundo a que se pase por esta cita que ten como fin axudar a asociación galega contra o cancro infantil. Unha pedalada que se fai para darlle ánimo a ISI e a toda a súa familia un pequeno de 5 anos do concello que ten cancro. Esta mañá o ciclista de BTT Ringo tamén quixo contar a súa experiencia, el tivo cancro e o deporte dixo que lle axudou moitísimo neses anos de loita. Na zona da Seca habilitarán un circuíto de 2 quilómetros nos que os 200 deportistas inscritos, de 5 a 73 anos, tentarán completar simbólicamente 1300 quilómetros entre todos, un por cada neno que padece cancro infantil en España. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/pedaladas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/pedaladas.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA