O executivo noiés trata de solucionar a avaría do aparello de RX do centro de saúde

    NOIA> O alcalde noiés asegura que o Concello están en conversas coa consellería de Sanidade para dotar ó centro de saúde dun novo aparello de raios X. O alcalde de Noia afirma que o concello está en conversas coa consellería de Sanidade para solucionar canto antes o malestar que está a causar á veciñanza a avaría que desde hai un mes sofre a máquina de raios X do centro de saúde. Unha problemática que levou a un cento de persoas a concentrarse este luns á portas do centro sanitario por ter que desprazarse ata Santiago ou ter que acudir á sanidade privada. Asegura Freire que ademáis de buscar esa solución rápida arranxando o aparello existente, ten solicitada unha entrevista co conselleiro de sanidade para conseguir un novo equipamento . Pero ademáis, para tratar tamén o asunto da construción dun novo centro de saúde no Concello.