RIBEIRA> A Garda Civil investigou a dúas veciñas de Aguiño como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado os axentes da unidade Fiscal e de Fronteiras, que estaban a realizar un servizo de inspección en establecementos comerciais na comarca do Barbanza, atoparon no seu local hostaleiro, no microondas da cociña, unha carteira de pel, en cuxo interior había un total de 19 bolsas termoseladas con cocaína.
A Garda Civil procedeu a abrir unha investigación das responsables do establecemento como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública, intervindo ademais as substancias atopadas no local.











