O Policía Nacional alerta aos máis novos dos perigos de Internert

Pontevedra> Alertar aos máis novos do perigo de Internet, ese é o obxectivo que teñen dende a Policía Nacional coas charlas que están impartindo en diferentes centros escolares. Hoxe, tocoulle a quenda, o CEIP de Campolongo. Un espazo onde os máis pequenos aseguraron estar alerta e ser moi precavidos coas redes sociais. Concienciar aos pequenos dos perigos cos que se poden atopar en Internet e a través das redes socais e o obxectivo que buscan dende a Policía Nacional coas charlas que están impartindo en diferentes centros de todo o país. Hoxe tocoulle a quenda aos estudantes de sexto de primaria do CEIP Campolongo. Pese a que os máis pequenos deste centro din que fan un uso responsable das novas tecnoloxías no seu día a día. Dende a policía nacional alertaron que moitos destes perigos de internet poden acarrear multas para os seus pais. Un tema, o das redes sociais e a difusión moi importante e con moita repercusión, non hai máis que ver o viral que se volveu o monigote Nico, que en apenas tres días deu a volta ao mundo. Unha mostra dunha profesora dun centro de Madrid que pon evidencia a repercusión que pode ter calquera cousa que subamos á rede ou fagamos pública. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/charla_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/charla.mp4{/flowplayer}