Unha senteza do tribunal superior por unha suposta subida do IBI enfronta ao PP de Poio e ao tripartito

POIO> O Tribunal Superior de xustiza falla a favor do PP de Poio contra o proxecto do concello de subir o IBI ás vivendas valeiras, pero o goberno local deféndense asegurando que nunca levou a cabo esa medida. Ambas formacións cruzaron acusación tras esta sentenza: os populares culpando ao tripartito de afogar aos veciños con impostos, e o goberno local sinalando que o único que fai o PP é mentir para crispar á veciñanza.

Unha sentenza do tribunal superior de xustiza volve enfrontar ao PP de Poio e ao tripartito. Os populares, tras esgotar a vía administrativa, acudiron aos xulgados para denunciar a modificación da ordenanza fiscal que o goberno local quería realizar para a subir un 25% o IBI a aquelas vivendas que non contaban con ninguén censado. A xustiza fallou ao seu favor indicando que a medida non era legal.

Dende o PP sinalan que os tribunais danlle a razón e que a subida era inxusta. Acusan ao tripartito de querer afogar aos veciños con impostos.

As acusacións do Partido Popular tiveron unha rápida contestación do goberno tripartito. O concelleiro de Facenda e Economía, Xulio Barreiro, quixo lembrar aos populares que o incremento do 25% ás vivendas facías non se chegou a facer efectiva. Segundo o nacionalista, o goberno local desbotou esta medida xa que a Lei de Vivenda só contempla a posibilidade de aplicar esta suba aos grandes propietarios. Xulio Barreiro acusou a Moldes de coñecer perfectamente esta situación e de mentir á veciñanza para crear crispación e tensión. Engadindo que os populares continuaron co proceso xudicial conscientes de que a medida non se faría efectiva para conseguir facer ruído. Defendendo a súa xestión, o concelleiro sinalou que o que si está en vigor son as bonificacións do 50% do IBI, para as familias numerosas con ingresos inferiores aos 30 mil euros anuais.