O BNG traslada a sanidade pública de Poio ao Parlamento de Galicia

POIO> Dotar a Poio dun Punto de Atención Continuada, esixir que se dote ao Concello con máis médicos e eliminar as listas de espera. Esas son algunhas das peticións que o BNG de Poio trasladou esta mañá ao Parlamento de Galicia. Melloras urxentes e necesarias para abordar os problemas que actualmente ten o municipio con respecto á sanidade pública.

O BNG de Poio reclamou esta mañá no Parlamento de Galicia unha serie de melloras para abordar os problemas que ten actualmente o Concello con respecto á sanidade pública. A principal, dotar ao municipio dun Punto de Atención Continuada ao mesmo tempo que se manteñen os consultorios médicos actuais.

Os nacionalistas reclaman tamén á Xunta un aumento no orzamento destinado á Sanidade e esixen a eliminación das listas de espera. Para conseguilo, piden que se dote ao municipio con máis médicos, pediatras e enfermeiros.

Marga Caldas asegurou tamén esta mañá que o seu partido instará a toda a corporación a asinar un documento conxunto para pedir á Xunta melloras urxentes no municipio.

O BNG asegura que fará todo o posible para que se teñan en conta os problemas relacionados coa sanidade pública de Poio e, incluso, non descartan mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí