A defensa da sanidade pública chega ata o pleno da Deputación

PONTEVEDRA> O pleno da Deputación contou tamén coa participación da Plataforma SOS Sanidade Pública. O colectivo acudiu á sesión para expoñer os problemas que presenta actualmente o sistema sanitario e pedir así o apoio da corporación ás súas reivindicacións.

O pleno da Deputación de Pontevedra arrancou hoxe coa intervención do portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública. Juan Manuel Loureiro denunciou as deficiencias que presenta na actualidade o sistema sanitario galego e pediu o apoio da corporación.

Sobrecarga de traballo, abandono da Atención Primaria, longas listas de espera e privatización do sistema. Esas foron algunhas das cuestións que abordou hoxe o portavoz da plataforma. Ademais, Loureiro criticou o comportamento que está tendo a Xunta de Galicia con respecto a este sector e esixiu o cese da política actual de desmantelamento dos hospitais.

Loureiro pediu á corporación provincial que se faga eco das súas demandas e recordou que o 9 de febreiro volverán a saír a rúa para esixir un cambio na política da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí