BOIRO> O xulgado de primeira instancia acordou o arquivo da denuncia presentada polo Concello de Boiro contra a que fora técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller por un presunto delito de prevaricación administrativa.
O Concello decidirá presentar denuncia contra ela ó entender que a extraballadora asinara unhas acreditacións dunhas usuarias do CIM vítimas de violencia de xénero de xeito irregular.
Un trámite polo que segundo a denuncia do Concello estas mulleres e os seus fillos puideron acceder ó programa de apoio do Colexio de Psicoloxía.
Segundo se revela no auto, o xuíz entende que non está o suficientemente xustificada a perpetración do delito por parte da ex-técnica.
O feito de que o Concello non presentara recurso no prazo establecido, fai que a resolución do Xulgado sexa firme.











