A muller, protagonista absoluta do 8 de marzo para a Deputación

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra centrará o seu 8 de marzo na conmemoración do Día Internacional da Muller. Durante a xornada de mañá, a axenda da presidenta provincial levaráa a diferentes puntos da provincia que acollerán actividades a prol da igualdade. Mañá conmemórase o Día Internacional da Muller. Unha xornada que marcará a axenda da Deputación Provincial. Non en van, a igualdade é, segundo a súa presidenta, un dos piares centrais do seu goberno e unha idea transversal nas súas políticas. Carmela Silva comezará a xornada en Cuntis, coa iniciativa Mulleres en Acción: Violencia Zero. Desta volta, a artista Nana realizará un mural cunha mestura de técnicas de graffiti e arte urbano. Esta cita será a primeira hora porque ao mediodía a presidenta ten previsto participar nunha concentración ás portas do Pazo Provincial coas funcionarias da institución. No acto lerán un manifesto e farase unha solta de globos. Xa dende Vigo, Silva xantará con mulleres do mundo do deporte, para despedir a xornada cun acto no concello de Lalín. Silva tamén destacou o impacto que as inciativas da institución provincial conseguen nas redes sociais. Con hashtags como #CinemaeMuller, #Conectadas ou #MulleresImparables, conseguiron máis de 500 mil visitas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/ptac_actos_dia_muller_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/ptac_actos_dia_muller_depo.mp4{/flowplayer}