O concello de Pontevedra ‘dá por solucionados’ os problemas na Zona Vella na segunda fin de semana do ‘botellódromo’

PONTEVEDRA> Segunda fin de semana dende a reapertura do botellódromo de Pontevedra e, desta vez si, afluenza masiva de mozos e mozas á zona. O concello dá por resoltos os problemas de convivencia que se viñan rexistrando na Zona Vella da cidade polas reunións da rapazada nas rúas para consumir alcohol. Neste senso, a fin de semana deixou dúas denuncias a menores o sábado por beber alcohol na rúa: un na explanada do Recinto Feiral e outro no casco vello.

O concello de Pontevedra dá por resoltos os problemas de convivencia que se viñan rexistrando na Zona Vella. Na súa segunda fin de semana de funcionamento dende a reapertura, a afluenza de mozos e mozas ao ‘botellódromo’ do Recinto Feiral foi masiva.

Polo tanto, o balance o goberno local é positivo. Así as cousas, Gulías explicou que se manterá o reforzo policial nas rúas do Casco Histórico.

O venres saldouse sen incidentes importantes, mentres que o sábado a Policía Local denunciou dous menores por beber alcohol na rúa: un na contorna do botellódromo e outro na Zona Vella. A sanción será de 601 cada un.

Ademais, un local da rúa Valentín García Escudero foi denunciado por exceder o horario fixado e outro de Cruz Gallástegui por superar as mesas permitidas no seu velador.