Os colexios de Boiro e o concello organizan unha andaina solidaria en favor de Cáritas

BOIRO> O concello de Boiro organizará unha andaina solidaria en colaboración cos centros educativos do municipio. O obxectivo é recoller alimentos que serán entregados a Cáritas Parroquial para distribuílos entre as familias máis necesitadas do municipio.

A solidariedade foi o motor que levou ós centros de ensino de Boiro en colaboración con Cártias Parroquial e o concello a organizar unha andaina de fin de curso para recadar alimentos. Os participantes sairán o sábado día 18 ás 10 da mañá do lugar da Estivada para percorrer un treito do camiño A Orixe duns 4 quilómetros ata a praza de Galicia de Boiro.

Os alimentos recadados serán entregados a Cáritas que os distribuirá entre as familias do concello que o precisan.

As familias interesadas en participar poden inscribirse a partir do próximo luns na web municipal. Os puntos de recollida de alimentos estarán situados na saída e na chegada da andaina.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí