BOIRO> Para os populares o mal estado que presentan actualmente as pistas de ‘skate’ de A Boqueira de A Negral é un exemplo máis do desleixo e do abandono do actual equipo de goberno, máis preocupado, segundo eles, en seguir mantendo os seus salarios que darlle solución ós problemas reais da veciñanza.
García Diéguez insta ó executivo local a acometer coa máxima urxencia posible a reparación dos elementos danados, ou se proceda á súa retirada, pois constitúen un grave perigo para os usuarios da instalación.
Un problema do que tamén se fai eco IC Boiro. O voceiro desta formación, José Antonio García, considera vergoñoso que o goberno local permita esta situación, solicitando tamén o seu arranxo inmediato.











