Pontevedra destina 240.000 euros a obras de emerxencia no Mercado de Abastos

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra abordará varias obras de emerxencia no edificio da Praza de Abastos. Son intervencións orzamentadas en algo máis de 240.000 euros, dirixidas a solucionar problemas que se manifestaron despois dos pasados temporais. Entre elas, renovaranse as cámaras frigoríficas e instalarase un novo depósito de augas estanco.

Máis de 240.000 euros para realizar obras de emerxencia na Praza de Abastos de Pontevedra. É o anuncio feito esta mañá pola concelleira responsable do mercado.

Con estas obras, o goberno local busca corrixir varios problemas que se manifestaron despois dos temporais de outono. As intensas chuvias provocaron danos en varios puntos, como as cámaras frigoríficas.

Outra das actuacións contempla a substitución do depósito de augas estanco do mercado por un novo para canalizar as augas. Unha obra que o concello considera prioritaria.

Mellorar a instalación eléctrica e completar as canalizacións da rede interior de saneamento e a súa conexión coa municipal, son outras das intervencións. A intención é que as obras interfiran o menos posible no funcionamento do mercado.