A dorna “Jalerna” está lista para navegar

    RIBEIRA> Cinco usuarios do Servizo de Drogodependencias de Ribeira levaron a cabo nos últimos dous meses a restauración da dorna Jaleira. Unha actividade de reinserción na que colaboran o concello de Ribeira e a Confraría de Dorna, e que hoxe fuxo público o resultado do traballo. Dous meses de traballo para rehabilitar unha antiga dorna. Unha labor intensa pero satisfactoria ó ver esta mañá o resultado final. É a sensación coa que se quedaron os cinco usuarios da unidade de día do Servizo de Drogodependencias de Ribeira, a UAD, trala restauración desta Jalema. Eles, máis ca ninguén saben, que o camiño para conseguilo, non é sinxelo, pero que o esforzo paga a pena se ó final da rehabilitación esta dorna loce como se comezase unha nova vida. A confraría da Dorna anunciou que a botadura da dorna se levará a cabo o próximo 17 de maio. O alcalde ribeirense suliñou que o traballo deste servizo da UAD e os seus usuarios, son todo un exemplo para o resto do concello. Agora só quedar desfrutar da dorna no mar, e por suposto, seguir pensando nas seguintes actividades deste servizo, tan valioso para os seus usuarios como para a sociedade ribeirense.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/concello_ribeira_restauracion_dorna_140320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/concello_ribeira_restauracion_dorna_14032017.mp4{/flowplayer}