Serra do Barbanza obrigada a contratar vehículos de substitución para garantir o servizo de recollida

    LOUSAME> A mancomunidade tomou esta decisión ante unha nova incidencia noutro dos camións que se encarga da recollida de lixo diaria. Moitos veciños de concellos coma Lousame, Muros, Outes, Noia ou Porto do Son viron como estes días o servizo de recollida de lixo diaria non se realizaba axeitadamente. O lixo volve a acumularse nos contedores e segue sen retirarse co conseguinte prexuízo que isto acarrea para eles. Nesta ocasión o problema parece vir provocado por varias avarías nos vehículos de recollida, un problema que segundo sinalan dende a propia Mancomunidades está en vías de solucionarse, a través da contratación de vehículos de substitución, como xa se fixera noutras ocasións nas que se produciu este incidente. A presidenta da Mancomunidade fai un chamamento á empresa responsable do servizo para que cumpra coas súas obrigas. No caso contrario, podería ter que facer fronte a unha serie de penalizacións por non poder garantir o servizo. Dende a propia Mancomunidade envíase tamén unha mensaxe de tranquilidade ós veciños que poden verse afectados. Informándolles de que o problema será resolto coa máxima urxencia posible.