Detido un pontevedrés tras apuñalar á súa ex muller diante dos seus fillos

PONTEVEDRA> Un home detido tras apuñalar a súa ex muller. O suceso ocorreu a pasada noite no barrio de Monte Porreiro. A vítima, de 33 anos, foi agredida no seu domicilio polo seu ex marido en presenza dos seus fillos. O presunto agresor fuxiu do lugar pero foi detido pouco despois pola Policía. A muller foi atendida de inmediato e atópase fora de perigo.

Novo caso de violencia machista en Pontevedra. Un home foi detido pola Policía Nacional tras apuñalar a súa ex muller na súa vivenda, situada no barrio de Monte Porreiro. O suceso aconteceu arredor das 3 da mañá cando o presunto agresor acudiu ao domicilio da súa ex parella para visitar aos fillos que teñen en común. Momento no que se produciu a agresión cunha arma branca e en presenza dos dous menores. Un veciño alertou á Policía ao escoitar unha chamada de auxilio. O home, de 34 anos, fuxiu do lugar pero foi detido pouco despois polos axentes. A vítima, de 33 anos, foi trasladada ao Hospital Montecelo. Lugar onde continúa ingresada aínda que xa fora de perigo.

A voceira do goberno local condenou esta mañá estes feitos en nome de toda a corporación.

Segundo informaron fontes policiais neste caso xa existían denuncias previas por violencia de xénero. Ademais, o suposto agresor chegou a contar cunha orde de afastamento. Medida que foi retirada no ano 2012.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí