Unha emprendedora vilagarciá pon en marcha un asesoría ‘low cost’

    VILAGARCÍA> Hai un mes que Alicia Güimil decidiu dar un paso adiante e poñer en marcha unha idea que levaba tempo rondando a súa cabeza: un servizo de asesoría low cost. Agora traballa dende o espazo de coworking Dalle que Dalle, en Vilagarcía. Alicia Sofía Güimil ten 36 anos, é licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e, dende hai un mes, é tamén emprendedora. Esta vilagarciá decidiuse a pór en marcha un servizo de asesoría low cost, para axudar á xente de a pé a lidiar coas administracións. A idea naceu da súa experiencia. Alicia Güimil traballou na Administración e dende alí puido ver os problemas cos que se atopan os usuarios. Dende o seu servizo de asesoría busca paliar estas deficiencias: axuda nas xestións ou desprázase para facelas ela mesma e asesora en calquera tipo de trámite. Un proxecto no que cre, pero no que o medo foi o principal atranco. Para dar o paso adiante, Alicia recoñece que o apoio do Coworking Dalle Que Dalle foi fundamental. Ademais de ofrecer espazos a baixo custo, tamén son lugares de intercambio e asesoramento. Leva pouco tempo, pero xa ten clientes que se achegaron ata o coworking, na rúa Méndez Núñez número 2, para solicitar os seus servizos. Por iso, como muller nova e emprendedora, anima á xente a pelexar para sacar adiante os seus proxectos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/coworking_low_cost_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/coworking_low_cost.mp4{/flowplayer}