CAMBADOS> O concello de Cambados foi un dos puntos de parada da marcha da “Asociación Vítimas do Paro en defensa dunha Nova Bioeconomía para unha Vida Digna”. A agrupación está facendo unha andaina dende Vigo a Santiago para tentar reunirse co presidente da Xunta. O obxectivo é manifestar a falta de apoios ás persoas desempregadas maiores de 52 anos.
A “Asociación Vítimas do Paro en defensa dunha Nova Bioeconomía para unha Vida Digna” emprendeu unha marcha dende Vigo a Santiago. Dende a agrupación sinalan que o obxectivo é poñer de relevo a situación de marxinalidade que viven as persoas desempregadas maiores de 52 anos e a falta de apoios por parte da Xunta.
A andaina xurdiu cando a empresa BBD do vilanovés Vicente Vázquez causou baixa temporal.
Dende a agrupación piden un reparto máis equitativo das subvención cunha maior protección para os autónomos e as pemes.
A bioeconomía é o conxunto de actividades que a través de productors biolóxicos producen productos comerciais. Busca por un lado produtos interesantes para retomar do pasado e desenrolar coñecementos como o proxecto de biotecnonoloxía a través da auga do mexillón. É unha forma de aprender do pasado e a súa vez aplicar o coñecemento dos estudios dos centros.
A marcha detense en cada concello rexistrando o manifesto cas súas inquedanzas. Hoxe visitaron o concello de Cambados onde recibiron o apoio do goberno local.
O obxectivo é reunirse co presidente da xunta xa que, segundo din, a consellería de industria ignora as súas peticións. Os interesados poden colaborar coa asociación a través das páxinas de facebook “Nueva Bioeconomía para una vida Dinga” ou a “Asociación de víctimas del paro”.