A presidenta da xestora de Carril agarda convocar eleccións a próxima semana

    .A presidenta da xestora de Carril agarda que antes de que remate o mes de maio o Confraría conte xa cunha nova presidencia. Hoxe, no seu primeiro día no cargo, a súa prioridade foi reactivar os pagos ós mariscadores que ata o momento estaban paralizados. Off. A prioridade está clara, acelerar o máis posible o proceso de eleccións para elixir á nova presidencia da Confraría de Carril .Esta mañá puidemos falar coa flamante presidenta da xestora do pósito, despois de que onte pola tarde se constituíse a xestora que dirixirá a entidade ata a celebración de eleccións. Un proceso forzado pola dimisión en bloque de máis da metade dos integrantes da Xunta Xeral, que acusaban ó anterior patrón de manter unha actitude ditatorial. A presidenta da xestora asegura que o primordial é volver á normalidade canto antes, e agarda poder convocar eleccións a próxima semana, se non hai reclamacións. Para conseguir axilizar o proceso pediron xa asesoramento á Xunta de Galicia para levar adiante o proceso. Os membros da confraría, asegura a presidenta que están máis tranquilos.A presidenta non pode aínda citar nomes pero asegura que xa están traballando para atopar o perfil perfecto para presidit a confraría,e ten claro, qué tipo de persoa necesita o pósito .María Jesús ten confianza en que os prazos sigan o seu curso, e se non xorden complicacións, a finais do mes de maio a confraría conte cun novo presidente ou presidenta. Mentres non chega ese momento, hoxe, primeiro día no posto, tiña claro que a prioridade era actualizar os pago pendentes, e niso traballou durante todo o día de hoxe . {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/presidenta_xestora_carril_23032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/presidenta_xestora_carril_23032017.mp4{/flowplayer}