Os rapaces do Centro de Educación Especial de Vilagarcía organiza un mercado solidario

VILAGARCÍA> Vaia éxito o mercado solidario organizado polos rapaces do Centro de Educación Especial de Vilagarcía: venderon practicamente todo. Esta mañá montaron un posto no centro da cidade con produtos feitos por eles mesmos. Todo o recadado irá parar á Fundación Amigos de Galicia.

Os mozos do Centro de Educación Especial de Vilagarcía sacaron á rúa todo o seu talento. A través da cooperativa que crearon no colexio, decidiron organizar  un mercado solidario. Nel puxeron á venda produtos customizados coas súas propias mans.

O mercado ten fins solidarios. Todos os cartos que deron xuntado irán parar á Fundación Amigos de Galicia. A intención dos mozos é que con ese diñeiro poidan mercar leite e outros produtos non perecedoiros.

O proxecto da cooperativa, na que están implicados os 30 alumnos do centro, trae moitos beneficios para eles. Outro dos aspectos positivos é a motivación que supón para eles esforzarse nun traballo que, pouco a pouco, se vai materializando.

A xornada para estes mozos resultou moi proveitosa. E non é para menos: practicamente esgotaron tódalas súas existencias en pouco menos dunha hora.