A Mancomunidade do Salnés ensina estratexias para mellorar as vendas online

SANXENXO>  A Mancomunidade do Salnés quere contribuír a que as empresas da comarca conecten cos seus clientes. Hoxe organizaron un curso centrado nas estratexias para mellora-las vendas no mundo dixital. As distintas confrerencias vanse compartir agora na plataforma Salnés Click para que todos os empresarios ou emprendedores as poidan consultar.

As novas tecnoloxías son unha ferramenta aliada no desevolvemento ou consolidación dun proxecto empresarial. Co obxectivo de contribuír a que as empresas da comarca conecten mellor cos seus potenciais clientes, a Mancomunidade do Salnés impulsou hoxe unha xornada formativa centrada nas estratexias para a mellora das vendas no mundo dixital.

Nas xornadas participaron os expertos Domènec Biosca, Susana Martínez e Natalia Maquieira.  A acción acubíllase baixo o paraugas de Salnés Click, unha plataforma que serve de escaparate e que permite tamén as compras online.

Na inauguración da xornada estivo tamén presente o Clúster de Turismo de Galicia. O seu presidente lembrou que comercio e turismo van sempre da man. Cesáreo Pardal reivindicou a importancia das empresas turísticas como locomotora doutros moitos sectores e o valor para os empresarios de accións formativas como a de hoxe.

Na xornada analizouse, por exemplo, os tipos de cliente, a importancia do dixital en época de pandemia e despois dela ou o poder das redes sociais. As charlas vanse publicar en breve na plataforma Salnés Click.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí