PORTAS> Remata a primeira fase de renovación do alumeado en Portas. O concello cambiará todas as luces alóxenas por led. Tamén estanse a realizar outros proxectos como a mellora dos sumidoiros.
O Concello de Portas esta a levar a cabo un proxecto de aforro enerxético para renovar todo o alumeado público da vila. Esta medida fará que se substitúan as luces alóxenas por led.
O proxecto do Concello está dividido en tres fases. A primeira xa está rematada e nela cambiáronse 30 luminarias na estrada de Vilanoviña. A segunda comezará para a semana na zona de Fontela e a terceira terá lugar a partir de maio en Vilavedra. No caso de que se aprobe axuda do IDAE cambiaríase tamén a iluminación de todas as estradas xerais.
O proxecto de aforro enerxético non é o único que esta realizando o Concello de Portas. Entre outras accións encóntrase a da renovación dos sumidoiros.
A inversión que se fará para o cambio do alumeado é de 300 mil euros. Polo de agora, os veciños móstranse contentos cas reformas realizadas.
Comments are closed.