A Xunta comezará os trámites para a senda peonil que une Covelo con Raxó

PontevedraO> A Xunta de Galicia expropiará os terreos en Poio para construír a senda peonil e ciclista na PO-308. Unha obra que terá un percorrido de 4,4 kilómetros que irán dende Covelo ata Raxó. O investimento estimado para estes traballo é de 2,2 millóns de euros. Unha senda peonil que se comezará a construír a comezos do vindeiro 2018. Finalmente a Xunta acepta a proposta do concello de Poio e expropiará, con 56 mil euros, os terreos para a construción da senda peonil e ciclista na PO 308. O Diario Oficial de Galicia publica dende este venres a relación das 57 leiras afectadas, o prazo de alegacións comezará o vindeiro luns 24 de abril e os afectados terán de prazo ata o 7 de xuño. O orzamento para esta obra será de 2,2 millóns de euros para o percorrido de 4,4 quilómetros que une Covelo con Raxó e será unha senda que discorre integramente pola beira do mar. Dende a Xunta de Galicia agardan poder comezar con estes traballos a comezos do vindeiro 2018. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/po_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/po_poio.mp4{/flowplayer}