O Círculo Deportivo impulsa unhas xornadas de convivencia para os migrantes que acolle Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo segue dando pasos a prol da inclusión dos migrantes que dende setembro residen no municipio. Desta volta é o Circulo Cultural Deportivo o que impulsa unhas xornadas de convivencia arredor do tenis e o pádel. Unha trintena destes mozos refuxiados entrarán en contacto con estes deportes nunha proposta que busca transmitirlles hábitos arredor da saúde e o benestar. Os participantes, que nunca xogaron a estes deportes, formaranse durante catro xornadas.

O deporte é saúde e lecer, pero en Sanxento tamén é sinónimo de integración social. O Círculo Cultural Deportivo impulsa unhas xornadas de convivencia para o grupo de migrantes que dende o pasado mes de setembro reside no municipio.

As xornadas centraranse no pádel e o tenis. Dous deportes practicamente descoñecidos para estes mozos. Aquí entrarán en contacto con eles, transmitíndolles os valores arredor da saúde e o benestar.

Nestas xornadas vai participar unha trintena dos mozos refuxiados que acolle Sanxenxo.

Colaborando na organización destas xornadas atópase Accem, a entidade que está a xestionar a acollida destes migrantes, e o Concello de Sanxenxo.

As xornadas celebraranse os días 19,20, 26 e 27 deste mes, con dúas horas ao día de formación.