David Chipperfield participará no IV Foro de Rehabilitación de Rianxo

    RIANXO> Rianxo acollerá entre o cinco e o sete de maio a cuarta edición do Foro de Rehabilitación. Arquitectos da talla de David Chipperfield. Luis Gil Pita ou Cristina Nieto abordarán aspectos tan diversos como a restauración nas vilas mariñeiras ou a aplicación das tecnoloxías 3D ás reformas inmobiliarias. Nesta cuarta edición o Foro de Rehabilitación Urbanística conságrase como o encontro estable de urbanismo e arquitectura de toda Galicia. E faino cun padriño de excepción, o arquitecto británico David Chipperfield que encabeza un cartel de poñentes de máximo nivel. Abordarán a rehabilitación de vivendas nos núcleos tradicionais dende diversas perspectivas. A aposta do executivo rianxeiro por este foro vén determinada pola necesidade de formación nun sector como a rehabilitación que ganou moitísimo peso a raíz da crise inmobiliaria. Ó descender a construcción de vivenda nova, que actualmente sitúase aínda nun dez por cento do que viña sendo habitual, estendeuse a reforma de inmobles xa existentes. O mellor exemplo témolo na Área de Rehabilitación Integral de Rianxo no que se levan restauradas máis dun cento de edificacións. Os interesados en participar no foro xa poden inscribirse na oficina de rehabilitación ou a través do enderezo electrónico odr@concelloderianxo.gal. É preciso aboar unha cota de dez euros.