O goberno da Pobra regulará a participación veciñal nos orzamentos

    POBRA> O executivo da Pobra presentou a súa proposta de orzamentos participativos. A intención do goberno é reservar unha partida para acometer as actuacións solicitadas polos veciños que se recollerán a través de asembleas veciñais. A intención do goberno pobrense é aprobar o regulamento dos orzamentos participativos neste exercicio para poder incluílos no presuposto municipal de 2017. Trataríase dunha reserva de partidas a repartir entre dez zonas do concello, dous no casco urbano e oito no rural, na que os propios veciños decidirán as actuacións prioritarias. O reparto de fondos realizaríase en función de tres criterios. Os criterios e as porcentaxes están abertos a posibles modificacións plantexadas ben pola oposición ou polos propios veciños. Unah vez calculada a contía correspondente a cada parroquia, serán os propios cidadáns os que decidan mediante votación os proxectos a acometer de entre as propostas recollidas previamente polo concello. Aínda que xa o pasado ano, o gobernó contara coas aportacións veciñais para elaborar os orzamentos, neste exercicio pretenden facelo de maneira regulada. Para elo, agardan poder aprobar en pleno a súa proposta e poñen en marcha esta iniciativa pioneira na que serán os cidadáns os que decidan o destino dos cartos públicos.