Queda en liberdade o home que esta fin de semana tentou agredir á súa muller en Vilaxoán

VILAGARCÍA> En liberdade o home que esta fin de semana intentou agredir a súa parella en Vilaxoán. Este mediodía prestou declaración ante o xulgado de Vilagarcía número 1 en funcións de garda. Así as cousas, está a ser investigado por un presunto delito de violencia de xénero, e o xuíz decretou unha orde de protección para a vítima. Esta medida impediralle comunicarse ou achegarse a ela.

Os acontecementos tiveron lugar o sábado na localidade vilagarciá. A actuación de dous rapaces de Vilaxoán evitou que a muller fora agredida pola súa parella.  Os mozos conseguiron que a muller escapase e se resgardase ata que chegou a policía.

O pasado sábado, os veciños da rúa Almirante Rey en Vilaxoán alertáronse ó escoitar como unha veciña pedía socorro ante os insultos e ameazas da súa parella. Dous mozos de 25 e 28 anos, Christian Rey e Alejandro Roche, non dubidaron e acudiron a axudar á muller.

Preocupados polo que estaba a ocorrer, Alejandro insultou ó home para que non golpease á muller e Christian axudouna a escapar e poñela a seguro noutro edificio.

O home alterado, intentou entrar ó portal ata que chegou a policía.

Os veciños mostrábanse sorprendidos ante o ocorrido porque, segundo din, non se viviran antes episodios coma este. Esperan que a agredida denuncie ó agresor e que non se repitan sucesos como este.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí