A Deputación lanza a campaña “abre os ollos fronte ao abandono”

Pontevedra> Dende a Deputación lanzan unha  nova campaña do centro de acollida e protección de animais. O fin desta iniciativa é achegarse á problemática do abandono animal, para isto contarán cunha campaña audiovisual que se dará a coñecer a través dos medios ao longo do mes de agosto. O obxectivo, que a xente se conciencie e o número de actuacións de CAAN se reduza nos vindeiros meses.

A campaña que lanzan dende o Centro de Acollida e Protección da Deputación de Pontevedra está centrada nesta ocasión no abandono. Xa que soamente na provincial de Pontevedra se contabiliza unha media de oito abandonos de cans ao día.

Baixo o lema “abre os ollos fronte ao abandono” dende a Deputación centraron esta campaña nunha peza audiovisual que se poderá ver en diferentes medios de comunicación e través das redes sociais, co fin de chegar ao maior número de persoas posible.

Unha campaña que estará activa ao longo do mes de agosto.

O que se busca con esta campaña e reducir o número de actuación que se realizan dende CAAN, iso sería, segundo Eva Villaverde, un bo resultado. Xa que dende esta entidade levan realizado no que vai de ano máis de 1100 actuacións nos 48 concellos aos que prestan servizo dende CAAN.