A Xunta anuncia que a reforma da Ponte da Barca estará lista antes de que remate o ano

83

Pontevedra> A Xunta de Galicia presentou esta mañá en Pontevedra o proxecto de reforma da Ponte da Barca. Uns traballos que contarán cun investimento de 1,2 millóns de euros. Estas obras serán adxudicadas antes do verán e rematadas neste 2018. Con este investimento renovarase a marquesiña, actuarase na conservación da ponte e se porá en valor esta infraestrutura.

O vicepresidente da Xunta de Galicia e a conselleira de Infraestruturas presentaron esta mañá, coa presenza da tenente de alcalde de Pontevedra e o alcalde Poio, a reforma da Ponte da Barca. Uns traballos que contarán cun investimento de 1,2 millóns de euros por parte da administración autonómica e que se centrarán, en primeiro termo, na renovación de toda a maquesiña en madeira tratada.

En segundo lugar na conservación da Ponte da Barca

En terceiro e último lugar na posta en valor desta infraestrutura

Segundo a conselleira de Infraestruturas, o proxecto trae consigo unha mellora funcional e estética para esta Ponte da cidade.

O prazo de presentación para esta oferta remata do 7 de marzo, as obras serán adxudicadas antes do verán e contarán cun prazo de execución de 5 meses. Con todo dende a Xunta contan con que estes traballos estean rematados antes de que finalice este 2018.