Pontevedra> O paro baixa no mes de marzo na provincia de Pontevedra. 344 persoas menos apuntadas nas listas do INEM sitúa en 84.394 parados actualmente da provincia. O sector que permitiu esta baixada é sobre todo a construción. O paro deixou no mes e marzo 344 parados menos na provincia de Pontevedra. Un dato que segundo o sindicato UGT é positivo e se debe grazas ao sector da construción que despois dos temporais e do desgaste do inverno está traballando duro dende o pasado mes. Dende o sindicato UGT agardan que o mes de abril deixe mellores datos en canto ao paro se refire. Unha melloría que se fará notar grazas á Semana Santa, xa que tal e como nos indica Trillo, na provincia de Pontevedra, o sector servizos é o punteiro ao longo de todo o ano. Dende este sindicato piden aos empresarios contratos de longa duración e estables. E ademais tamén solicitan, unha vez mais, a derogación da reforma laboral aprobada polo Goberno Central. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/paro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/paro.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA









