A parroquia de Lérez estrea iluminación despois dun investimento de 1,4 millóns de euros

PONTEVEDRA> A parroquia de Lérez, en Pontevedra, xa desfruta dun renovado e mellorado alumeado. A intervención, que acadou os 1,4 millóns de euros, desenvolveuse no marco do convenio anual entre a Deputación e o concello de Pontevedra. Supuxo a instalación de 1.400 novos puntos de luz e 30 cadros de mando para reducir o consumo e mellorar a visibilidade.

Xa está operativa a nova iluminación da parroquia de Lérez, en Pontevedra. A actuación foi financiada ao 100% pola Deputación e supuxo un investimento de 1,4 millóns de euros.

Dende o concello celebraron tamén este investimento. O alcalde puxo en valor os beneficios económicos e ambientais da renovación e cifrou en 1,5 millóns de euros a diferenza de consumo nos orzamentos deste ano respecto dos de 2025.

Esta actuación está enmarcada no convenio anual de 2,5 millóns de euros que a Deputación asina co concello, Tanto López como Fernández Lores puxeron en valor a colaboración institucional.

A renovación da iluminación continuará na zona norte de Pontevedra, en barrios como A Parda e Valdecorvos. Neste caso o investimento será de 2,3 millóns de euros.