Pepe Solla da unha clase maxistral de Cociña e Ciencia ós alumnos do Julia Becerra

    Quen dixo que a ciencia e cociña non teñen nada en común? Esta mañá os alumnos e alumnas do Colexio Julia Becerra de Barrantes, en Ribadumia, descubriron que en realidade é todo o contrario, e fixérono da man do mellor mestre posible, o recoñecido cociñeiro Pepe Solla. Son algunhas das cousas que aprenderon esta mañá os alumnos do Centro Público Integrado Julia Becerra de Barrantes, Ribadumia, durante a sesión Cociña e Ciencia, que esta mañá tiveron o luxo de compartir co gran cociñeiro poiense Pepe Solla. O obxectivo do obradoiro era concienciar á sociedade da relevancia que ciencias como a física, a química ou as matemáticas teñen na cociña, e qué mellor que facelo comezando polos que conforman o noso futuro, os estudantes. Cocer un ovo. Un feito tan sinxelo coma ese marcou toda a charla de Solla, que explicou ós rapaces conceptos como o xogo coas temperaturas na cociña. A charla está enmarcada no proxecto Edumotiva, da consellería de Cultura. Pode que algúns deste alumnos descubran hoxe a súa paixón pola química ou a física grazas a un ovo cocido, pero máis de un seguro que xa imaxinou converterse no próximo Pepe Solla da gastronomía galega. Cheguen ou non a ser o número 1 nisto dos fogóns, hoxe aprenderon unha lección maxistral, e é que tal e como lles contou Pepe Solla, os mellores cociñeiros, o son, porque aprenderon, dos mellores científicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/pepe_solla_colexio_ribadumia_04042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/pepe_solla_colexio_ribadumia_04042017.mxf.mp4{/flowplayer}