Queda inaugurada a área para autocaravanas e campers en Pontevedra

Pontevedra> Hoxe quedou inaugurada a área de autocaravanas e campers da cidade de Pontevedra. Un espazo totalmente equipado con capacidade para 20 vehículos. Dende a Asociación Galega de Autocaravanas organizaron unha Asamblea Nacional para vindeiro sábado 15 de abril. Unha cita que achegará a capital de provincia máis de 100 vehículos destas características. O parking de autocaravanas e campers de Pontevedra xa está listo. Un espazo totalmente equipado que contará con 20 prazas para estes vehículos. Dende o concello saldan con esta inauguración unha débeda co turismo de autocarvanas. Un turismo que segundo o alcalde e o presidente da asociación, dará moitas alegrías a cidade de Pontevedra. A estancia máxima neste espazo para autocaravanas e campers será de 72 horas, de 3 días. Dende esta xornada xa se poden utilizan estas instalacións. A inauguración oficial será o vindeiro sábado 15 de abril celebración en Pontevedra da Asamblea Nacional de Autocaravanas que achegará á cidade máis de 100 destes vehículos. O fin deste evento, traer un retorno económico a Pontevedra agradecendo o espazo que se crea para as autocaravanas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/autocaravanas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/autocaravanas.mp4{/flowplayer}