Poio estrea nova frota de vehículos grazas ó Plan Concellos da Deputación

    POIO> O deputado provincial David Regades visitou esta mañá a localidade pontevedresa de Poio para facer entrega ó alcalde de catro novos vehículos para o municipio. A cesión forma parte da inversión do Plan Concellos da entidade provincial nesta vila. Unha importante renovación para a flota municipal de Poio que sen dúbida era necesaria debido ó estado no que se atopaban xa os antigos coches do concello. Foi o que destacou o deputado provincial David Regades, esta mañá en Poio, durante a entrega de chaves ó alcalde que tivo lugar ás portas do concello. Esta dotación contou cunha inversión de preto de 630.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Cinco vehículos que dotarán ós veciños de Poio de mellores servizos en distintos ámbitos. O deputado provincial quixo destacara que en total neste 2017 a entidade aportou ó municipio de Poio 1 millón oito mil euros enmarcados dentro deste Plan Concellos. David Regades aproveitou a visita para coñecer de primeira man o resultado das obras realizadas na Rúa San Xoan, que contou cun investimento de 81.000 euros que saíron deste mesmo plan provincial. Nesta rúa de Poio as obras, que veñen de rematar tras un período de dous meses, melloraron ademais da accesibilidade, o saneamento, as conexións domiciliarias, ou a reposición do firme da estrada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/novos_coches_obras_poio_06042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/novos_coches_obras_poio_06042017.mp4{/flowplayer}