LOUSAME> A comida, que tiña lugar onte domingo no restaurante O Trapeiro, estivo presidida pola alcaldesa, Teresa Villaverde, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.
Uns 220 maiores participaron onte domingo no restaurante O Trapeiro no tradicional xantar de confraternidade que organiza a departamento de Servizos Sociais que dirixe Silvia Agrafojo.
Na comida, que volveu a celebrarse despois de dous anos a consecuencia da pandemia, participou a practica totalidade do equipo de goberno, entre os que se atopaba a propia alcaldesa, Teresa Villaverde que fixo alusión na súa intervención á importancia de poder recuperar este tipo de eventos.
No acto tamén tomaron parte o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.
Aproveitouse ademais a comida para renderlle homenaxe a varios veciños do municipio, entre os que se atopaban os asistentes de maior idade ó xantar. Un galardón que recaeu en Herminda Neo, de 92 anos, e Manuel Escudero, que o vindeiro mes de xuño cumprirá os 93.
Tamén se realizou un recoñecemento especial a Francisco Avelino García Nieto, presidente do club de xubilados e da agrupación O Son do Pote, ademais de a dous matrimonios moi coñecidos no Concello, o formado por José Luis Abeijón e Mercedes González, e o de Ramón Filgueira e María Teresa Collazo, esta última ademais recentemente falecida.